
martaalonsotejada
Interpretación
Encontros > Cía. Lusco e Fusco
Dirección: Pablo Sánchez, Alfredo Pérez e Pablo Reboleiro "Pablo Trasno".
Intepretación: Alfredo Pérez e Pablo Reboleiro "Pablo Trasno" /Marta Alonso Tejada.
Coreógrafos colaboradores: David Loira e Alexis Fernández.
Iluminador: Afonso Castro.
Música e espazo sonoro: Fran Pérez NARF.
Xastra: Cloti Vaello.
Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica onde dúas persoas se recoñecen despois dunha tempada sen verse, tómanse de novo as medidas, tócanse, úlense, séntense, e comezan de novo o seu camiñar, xuntos.



