XXV Premios María Casares: Bailar Agora

Bailar Agora, XXV Premios do Teatro galego: María Casares Mellor actriz principal para Marta Alonso Tejada Mellor Dirección para Marta Alonso Tejada con Pablo Reboleiro Rama Mellor Iluminación para Laura Iturralde

Onte o espectáculo Bailar Agora recibíu tres premios na XXV Gala dos premios do Teatro María Casares.

Quero agradecer á Asociacion de Actores e Actrices de Galicia o seu incansable traballo polo sector desde o seu inicio. Tamén pola creación e organización destes premios que cumplen 25 anos e que teñen tal trascendencia na actualidade que para moitas son un referente que pon en valor ás artes escénicas da nosa comunidade. Moitas grazas por todos estes anos de traballo e traxectoria. E moitas grazas pola acollida, AGORA, deste espectáculo: BAILAR AGORA. Espectáculo que sendo de carácter multidisciplinar se orixina na danza e no afecto por esta disciplina.

Estes tres premios, mellor iluminación (para Laura Iturralde) e en especial os de mellor actriz principal (no meu nome) e mellor dirección (no meu nome que suma o incondicional traballo de Pablo Reboleiro Rama) son hoxe un recoñecemento tamén para a Danza, as Artes do movemento, do corpo e do circo.

Moitas grazas Asociación de Actrices e Actores de Galiza pola ilusión de celebrar e abrazar a Danza onte Bailando Agora no Teatro Rosalía de Castro.

Celebrar, ilusionarse, encontrarse, e estar dispoñibles aceptando o presente na escoita, no corpo e no afecto para ser un motor de futuro é mais que nunca neste momento o noso sentido xuntas.

Grazas!

E grazas a toda a equipa que do mesmo xeito "subíuse" a idea de Bailar Agora dándoo todo cando só era eso, unha idea ou mais ben un sentir persoal. Grazas por facelo propio, polo acompañamento, o coidado, a confianza, a enerxía e a profesionalidade. Grazas Sempre! Pablo Reboleiro Rama e Victoria PMiranda, Manu Lago, Laura Iturralde, #xavierbértolo, Uxia Pereiro Vaello, Sergio Perol, Ángel Sousa, Paulina Funes, Mila Ercoli, Carlota Mosquera, Marta Mallo e Juan Lens.

Pola traxectoria que nos une, e mais, ás miñas compañeiras de TrasPediante Begoña Cuquejo Suarez Paula Quintas. A Matias Daporta Gonzalez. A Belém Bombóm Jorge Exposito Alcocer PistaCatro Produtora. A Raquel Oitavén e Mercè Solé. E por suposto aos meus queridísimxs María Torres e Gonçalo Guerreiro Elefante Elegante Teatro por tantas oportunidades e tanto que aprendo.

Grazas a todas as que ademáis ides poñendo música para Bailar Agora Erregueté - Revista Galega de Teatro Afonso Becerra Arrojo Ivan Fernandez Fetega Teatro Galego MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia Roberto Pascual Josi Lage Carlos Ledo e a marabilla Kandengue Arts María Mariño

A miña familia, todas as historias e vivencias nas que me acompañades na peza, e nas que vos atopades. Bailar Agora é bailar con vós.

E grazas ao apoio institucional, fundamental para poder crear e producir. Bailar Agora sería imposible sen a coproducción do Centro Coreográfico Galego Cultura de Galicia Agadic.

Onte quedei anonadada. Hoxe sigo anonadada.

Moitas Grazas https://www.elidealgallego.com/texto-diario/mostrar/3153980/bailar-agora-lingua-das-bolboretas-triunfan-xxv-edicion-maria-casares

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/a-lingua-das-bolboretas-mejor-espectaculo-en-los-xxv-premios-de-teatro-maria-casares