top of page

32 Premio Fetega. Mellor Espectáculo a Bailar Agora

Que alegría! Bailar Agora #premio #mellorespectáculo #doroteabarcenas


Moitas grazas a Fetega Teatro Galego , un festival que insiste, resiste e pon en valor á cultura.


O martes 7 de setembro rematou a 32 edición do Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño (FETEGA). Unha edición máis reducida ca do ano anterior por cuestións orzamentarias. Non obstante, contou coa estrea da última produción do Centro Dramático Galego, Serva me Servabo te.

Ademais desa novidade, o xurado dos Premios Dorotea Bárcena do FETEGA, formado por Luma Gómez, Eduardo Alonso e Miquel Ínsua, decidiu concederlle o Premio ao Mellor Espectáculo desta edición á peza de danza contemporánea Bailar Agora de Marta Alonso Tejada. Unha das que optan, tamén, a máis candidaturas nos Premios María Casares que se van dar a coñecer esta mesma semana.

O Premio Dorotea Bárcena á Mellor Actriz foi para Victoria Teijeiro e ao Mellor Actor para Xurxo Cortázar, polas súas interpretacións en O Premio de A Quintana Teatro.

Do ciclo de Monólogos Cómicos que programa o festival, o Premio á Mellor Monologuistadeste ano foi para Marta Doviro polo show titulado Memorias dunha rapasa na costa.

Na gala de clausura, conducida pola actriz Arantxa Treus, gañadora na pasada edición do galardón á Mellor Monologuista, tamén se entregou o Premio de Honra do FETEGA a Marta Núñez Aboy, técnica de actividades culturais e educativas da área de cultura do Concello de Vigo, encargada da programación de espectáculos do Auditorio Municipal. Esta distinción élle concedida pola intensa actividade en favor das artes escénicas que leva desenvolvendo no seu cargo, especialmente nos tempos de pandemia.

Carlos Ledo, director do FETEGA, destacou que houbo unha recuperación da asistencia ao teatro con respecto á edición anterior, aínda limitada polas restricións. Tamén sinalou que o FETEGA recolleu a luva respecto á advertencia do último informe do Consello da Cultura Galega, que indicaba a necesidade de programar máis danza. ( Por erreguete.gal )

bottom of page