Fai dous anos con @maria.torres.elefante falabamos da falta de espectáculos de danza para primeira infancia. Fai cinco anos con @pauquintass comenzamos a fantasear con facer "un ballet triádico".
O domingo ESTREAMOS N I N A N I N E T T E @compostelacultura , unha nova produción con @pauquintass @traspediante DIRIXIDA POR @maria.torres.elefante na que Paula e mais eu compartimos escena con @carlota.mosquera.
Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
Un espectáculo de danza para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
E esta é a pedazo de equipa coa que estivemos traballando nos últimos meses e mais intensamente esta semana! Escenografía: Gonçalo Guerreiro Iluminación: Nacho Martín Música: Alejandro Salgueiro Vestiario: Diego Valeiras Produción: Manu Lago, Galiciadanzacontemporánea. Audiovisuais: Mila Ércoli, Ángel Sousa Deseño gráfico: Paulina Funes MELLOR IMPOSIBLE, GRAZAAAAS!!!!
Axuda á creación de Agadic · Xacobeo 2021 · Xunta de Galicia
Comments