top of page

Entrevista: Montse Dopico / Praza Pública. BAILAR AGORA


Bailar Agora é facer, aquí e neste momento, o que sempre soñaras. Non agardar máis. É escoitar os demais e escoitarse a unha mesma. É deixar que o corpo se exprese. Que todo flúa. É seguir movéndose e conectar, no presente, con quen es. Tamén é humor. E ilusión. E humanidade. E naturalidade. E honestidade. Todo isto é a nova peza de Marta Alonso, a bailarina que representa un dos tres piares -xunto con Paula Quintas e Begoña Cuquejo- da compañía TrasPediante. Bailar Agora vén de estar na Estrada, no encontro 6coreógrafas, e no Teatro Principal de Santiago. Falamos con Marta Alonso. LINK: https://praza.gal/cultura/todas-as-persoas-estamos-atravesadas-pola-danza?fbclid=IwAR33YQWa12bmhQVvJP3fOta7ibraaIjr_QhpKPpF2fus8-qdv5u43NXpu_A


bottom of page