voltar

Discoteca de Señoras <
ou mellor RAVE?
Creación orixinal en colaboración co TRC danza
TALLER/ ACTIVIDADE DE MEDIACIÓN
ENCONTRO/ EXPERIENCIA PRE e/ou POST FUNCIÓN
Concepto e dirección: Marta Alonso Tejada
DJ: Beallity
Fotografía e audiovisual: Carlota Mosquera, Anxo Sousa
Técnica: Anxo Sousa
Escenografía: Marta Alonso Tejada
Agradecementos: TRC, danza, A Coruña; Caterina Varela; Abanea, Festival de danza e artes do movemento.
Que é unha Señora? Onde bailamos as Señoras?
A medida que cumprimos anos, cales son/queremos que sexan os nosos espazos para seguir bailando?
Discoteca de Señoras é unha proposta aberta para expor estas preguntas e para comezar a facer estes espazos realidade.
Trátase dunha pista de baile anfitrionada por Marta Alonso Tejada e a DJ Beallity (Beatriz Alonso) que se desenvolve combinando o formato dun taller de danza con estrutura de discoteca e o espazo de liberdade que caracteriza a todo “dance floor”.
As dinámicas de danza favorecen a desinhibición e a cohesión grupal. A actividade focalízase no movemento, o encontro a través da danza, o xogo, o retoque, a pose e a experimentación con algúns elementos como ese gran ventilador de aire que move o noso pelo e as nosas roupas de auténticas divas facéndonos voar, flotar e fluír.
O obxectivo, bailar libre e desenfrenadamente, coma se ninguén nos vise, coma se nada importase.
Descrición técnica
Duración aproximada: 1h
Versións:
É unha proposta deseñada para ser moi adaptable ao grupo e ao contexto concreto no que se realiza.
Pódese presentar en diferentes versións:
- Sesión vermut 1 (Taller / Actividade de mediación)
- Sesión vermut 2 (Actividade pre-función, antecedendo ao espectáculo Dancin´Queen)
- Sesión nocturna (Experiencia post-función, despois do espectáculo Bailar Agora) Produción:
A produción do evento abre o diálogo á colaboración co festival ou programación que o contrata, podendo expandir o alcance da proposta á interacción con outras actividades e propostas. Recoméndase a xestión dun espazo de bar que dispense augas e/o cócteles.



Foto Mila Ercoli

Foto Mila Ercoli

Foto Mila Ercoli

Foto Mila Ercoli