Dance Join < NOVO PROXECTO | 2025
Dance Join é un espectáculo de danza e clown que explora con ironía e diversión os ritmos imposibles da vida contemporánea.
Catro personaxes en escena —unha artista DJ, a súa produtora, a técnica e a community manager da compañía— loitan por manterse á altura das expectativas: multitarefa, hiperprodutividade, éxito, autoimaxe...
Un xogo escénico que transita entre o esgotamento e a celebración, entre o caos e o pracer do movemento compartido.
A peza propón un formato interactivo no que o público é convidado a participar e a transformar o espazo escénico.
Ao final, Dance Join expándese: convértese nunha pista de baile colectiva, onde soltar as presións e reencontrarse co corpo,
a comunidade e a alegría.

Direción: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada
Interpretación: Marta Alonso
Coreografía e movemento: Xián Martínez
Asistencia de movemento: Marta Seco
Asistencia de dirección e dramaturxia: Marían Bañobre
Deseño de vestiario e escenografía: Xabier Mujica
Escenografía: Juan Bas
Espazo Sonoro e música: Mounqup
Iluminación: Ángel Sousa
Produción: Marta Alonso Tejada
Audiovisuais: Sabela Eiriz
Deseño gráfico: Igráfica
Produce: Marta Alonso Tejada
Apoio á creación: Agadic, Xunta de Galicia
Colaboran: Concello de Ames, AV Bugallido, Concello de Outes
Agradecementos: DJ AfroBrix , Erea Pérez, Jano Costas, Rut Balvís
DISTRIBUCIÓN
Marta Alonso Tejada
martaalonsotejada@gmail.com
658782564
