MARTA ALONSO TEJADA 

 Ourense, 1983 

 Bailarina multidisciplinar relacionada co teatro físico e o circo. Coreógrafa, docente e xestora cultural 

 Funda e codirixe trasPediante e Corpo(a)terra 

 

 

 ACTIVIDADE ESCÉNICA 

As súas creación soen estar ligadas ao humor e á búsqueda de interacción co público, tinxidas dunha atmósfera do cotiá que xenera naturalidade e intimidade no encontro artísitico.

 

Na actualidade traballa no proxecto #MEVISIBILIZOLUEGOEXISTO un #selfiededanza de @martaalonsotejada coa asistencia de dirección de Jesús Rubio Gamo. A primeira fase deste proxecto desenvolveuse na residencia artística en Madrid, Conde Duque e con Coreógrafos en Comunidad, Abril 2016. A segunda fase deste proxecto atópase na actualidade latente e con expectativas, espereos que fructíferas, dun segundo asalto.

 

Ata hoxe creou as pezas "Baila un vestido verde", onde explora un formato de “danza simpática” que se achega ás presentacións clown de rúa; "Track6", unha peza curta de 15 min na que establece unha interacción co público a través da creación dunha personaxa física; e anteriormente iniciaba o proxecto aberto "Ciudad, Memoria y Artes Escénicas" presentado no TeatrNN de Lublin (Polonia) no 2010, como parte da súa tesina no Master de Artes Escénicas na Cátedra de Alicia Alonso da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid.

 

     trasPediante 

 

Funda trasPediante no 2008 xunto a Begoña Cuquejo. trasPediante é:  unha plataforma aglutinadora de proxectos culturais (na súa entidade de Asociación Cultural);  o nome artístico de diferentes pezas de danza profesionais (na comprensión do proxecto como Cía de danza) e; o apelido das súas artistas integrantes a saber: Marta Alonso Paula Quintas e Begoña Cuquejo.

 

En trasPediante é creadora, produtora e intérprete das pezas: "Habelas" (Ganadora do premio Injuve, 2010, a peza fundadora da Cía), "Baleadas" (2013, creada con Paulina Funes e dirixida por Begoña Cuquejo) e "Up2Down" (2015, da liña Coco-ho, de trasPediante, que establece un diálogo desde a danza-performance coas Artes Circenses na que cobra especial relevancia a presencia de Paula Quintas como integrante de trasPediante).



     Intérprete noutras compañías 

Desde 2014 traballa como intérprete coa compañía galega Elefante Elegante, estreando os  espectáculos KASSA no 2014 e TROPICAL no 2017.

 

Traballa como “cover” do espectáculo “Encontros” de Lusco e Fusco. Espectáculo galego de danza circo internacionamente coñecido e ganador de importantes premios como o premio do público do Festival Tac de Valladolid.

 

Traballou con Jesús Rubio como intérprete da peza Estefano y Janet, corpo(a)terra 2014. Con Matías Daporta na “Peza Documental Teatral”  Ciclo de Danza e Teatro en Cambados, 2014. Colabora en accións performativas e proxectos puntuais "site specific" doutros artistas e colectivos artísticos como "Mulleres" de Paulina Funes en Alg-a Lab; "Contraimaxen" de Sudhum Teatro; "Coriolano" de Jurij Konhar; "Acción poético-sonora" de nonou,...

 

 

     Espectáculos para infancia e xuventude 

2017 Preestrea "A Casa do Terror". Musical. A Banda do verán. Xoan Curiel. Asistente de dirección e movemento, coreografa e intérprete ata Xaneiro, 2019. Espectáculo Pre-estrenado.
2014 Estrea“Estamos no verán”. Concerto escénico. A Banda do Verán. Xoan Curiel. Coreografía. Crea a personaxe da bailarina establecendo a interacción co público a través da danza. Colabora na creación e realización de dous dos 3 videoclips realizados no proxecto.

2013, ExperiementaDanza "Xogando coa arte". Bailarina intérprete.  

  

 

     Asistencia de dirección e coreografía 

 

2019, coreografía e movento MEZZO, Pistacatro Productora de Soños

2017, coreografía 8 de Marzo, As Fillas Bravas,  Grupo Chévere.

2016, acompañamento de dirección “ahora que no somos demasiado viejos todavía”, Jesús Rubio Gamo.

 

 PROXECTOS DE DOCENCIA 

No 2010, inicia a actividade docente Universitaria de trasPediante formación da que forma parte durante tres anos consecutivos. Primeiro vinculada á USC e desde 2011 creando e consolidando a actividade de "D-ou-tras" (aula de danza e creación da Universidade de Vigo) en Ourense. Neste codirixe xunto a Begoña Cuquejo as pezas creadas co alumnado de carácter amateur: “mecánica de saltos” (2010, USC), “Ancoraxe” (2011 Doutras), “Esto non é Odette...” (2012, Duotras), xestionando e xirando nos encontros interuniversitarios.

 

En 2009 entra a formar parte da equipa de profesorxs da Alfaia. Dende este momento promove e activa a constitución da Escola de Danza Alfaia en Santiago de Compostela, recollendo a longa traxectoria da Asociación Alfaia, ata entón especializada na pedagoxía musical. Na actualidade coordina a actividade do centro de danza, dirixe a producción de eventos comunitarios vinculados á mesma, imparte clases regulares a adultxs e nenxs e organiza workshops de danza de formación profesional. 

2018 Crea e xestiona o PROGRAMA DE ADESTRAMENTO EN DANZA CONTEMPORÁNEA DE GALICIA. Este programa recolle o longo percorrido de Danza Alfaia en programación de workshops profesionais e xunto coa xestión de trasPediante cultura constitúese con identidade propia en Novembro 2018. 

 

Imparte clases regulares en Santiago de Compostela, en Circonove e en diferentes Anpas. Imparte monográficos de danza, de creación e de expresión dramática en diferentes partes de Galicia e estranxeiro.

Durante o curso 2016/2017 imparte clases en diversos centros de Secundaria, vinculando a actividade de danza ao currículum académico. IES Adormideras, A Coruña (Dentro do programa TRC danza do Teatro Rosalía), IES Afonso X el Sabio, (dentro do programa Afonso á escena) e IES As Lagoas (actividades colaterais Corpo(a)terra 2017)

 

Desde 2011 colabora co María´s Children Art Center en Moscú impartindo talleres de danza en Beslan e Moscú e entrando a formar parte da gran familia de artistas enrolada neste proxecto  artistico.

 

Desde 2009, desenvolve e investiga sobre unha pedagoxía diferente da danza dirixida a nenxs de entre los 3 e os 11 anos de idade e que inclúe diferentes actividades de aprendizaxe e experiencia. O espazo web "danza nenxs" funciona como soporte no que se rexistra e repensa esta actividade en proceso.

 XESTIÓN CULTURAL 

En 2011 crea Corpo(a)terra, Festival de danza e artes do corpo nas rúas de Ourense codirixido na actualidad por Marta Alonso, Begoña Cuquejo e Paula Quintas.

Ademáis das funcións xerais de dirección, produción, programación e xestión, traballa máis especificamente en comunicación, creación e articulación do programa de formación ENXEBRE´danza e na creación e producción de actividades colaterais relacionadas coa pedagoxía e a producción específica de pezas para o festival.


Organiza festivais e xornadas culturais relacionadas coa danza: Miteu en Danza (Ourense), Día Internacional dos Museos (CGAC e Museo do Pobo Galego), xornada "O futuro" no Día Internacional da danza de Danesga (2011).

 

 

 FORMACIÓN 

Marta Alonso Tejada é bailarina e profesora de ballet clásico titulada pola Royal Academy of Dance, Londres.

Licenciada en Psicoloxía pola UAM (Madrid) e USC (Santiago de Compostela) e formada en Danza Terapia pola Fundación Maite de León, Madrid.

Máster en Artes Escénicas da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid e seleccionada polo Centro Coreográfico Galego para formar parte do Proxecto Europeo Tour d´Europe des Chorégraphes desenvolvido en Alemania, Irlanda, Francia, Galicia e Polonia.

Web design and development by Manu Lago. All rights reserved by Marta Alonso Tejada. 2017