SOFÁ  < 
coprodución coa MIT de Ribadavia

Creación e interpretación: Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro
Dirección e dramaturxia: Marcos PTT Carballido
Dirección de movemento e coreografía: Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Vestiario: La Canalla / Ethical clothes
Espazo sonoro: Mounqup, Pablo Reboleiro e Marcos PTT
Realización de escenografía: Jose Perozo & Sandra Camalea
Dirección Técnica: Ángel Sousa
Audiovisual: Carlota Mosquera
Produción: Marta Alonso, Pablo Reboleiro, Manu Lago

Distribución: Lilian Portela

 

Produce: Cía martaalonsotejada con Pablo Reboleiro Rama

Con axuda á creación: Xunta de Galicia · Xacobeo 21-22

Coproduce: Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

Colabora: Concello de Outes

Apoia: Danza Alfaia, Galicia Danza Contemporánea, Determinada Co.

DISTRIBUCIÓN EXCLUSIVA: Lilian Portela

lilian.danza.g@gmail.com

+34 610 10 68 08

CARTEL SOFA.jpg

Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá.

A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais. 

 

O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.

 

Pablo e Marta están enfermos.
Enfermos de cansazo e aburrimento.
Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.

SOFÁ é unha peza para dúas intérpretes: 

Marta Alonso e Pablo Reboleiro, dirixida por Marcos PTT.

 

Un sofá que está no chan ao inicio do espectáculo e vaise elevando a varios metros de altura.

 

Traballando a través do contacto físico e emocional, gracias á singular percepción do movemento da Cía Sharon Fridman, SOFÁ é unha aposta pola linguaxe do tacto, a beleza do particular e a capacidade do baile para elevar o cotián ao sublime.

 

Unha proposta de danza e humor a dúo para espazos convencionais e versión para espazos non convencionais da compañía Marta Alonso Tejada. 

 

ESTREA

16 de xullo do 2022 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

SOFÁ
SOFÁ
press to zoom
SOFÁ
SOFÁ
press to zoom
SOFÁ
SOFÁ
press to zoom
SOFÁ
SOFÁ
press to zoom
tira logos sofa.jpg