Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Foto Mila Ercoli
Nina Ninette <
Espectáculo de danza familiar | Espazos convencionais | 55 min
Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestíon é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Conseguirao?
Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.
María Torres (compañía Elefante Elegante) e Marta Alonso Tejada e Paula Quintas (Determinada Compañía) forman un equipo de creación para a peza iniciada a partir da estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer -Bauhaus- do 1921
Dirección e autoría: María Torres
Coreografía e movemento: Marta Alonso Tejada, Paula Quintas
Elenco: Paula Quintas, Carlota Mosquera, Marta Alonso Tejada
Espazo escenográfico: Gonçalo Guerreiro
Deseño de iluminación: Nacho Martínez
Vestiario: Diego Valeiras
Música orixinal Álex Salgueiro
Atrezzo: Marta Mallo e Juan Lens
Produción: Manu Lago e Determinada Compañía
Audiovisuais: Mila Ercoli e Ángel Sousa
Deseño gráfico: Paulina Funes - Visual Paulina Funes
Produce: Marta Alonso Tejada e Paula Quintas
Apoio á creación: AGADIC, Xunta de Galicia
Colaboran: Concello de Negreira, Concello de A Estrada, Danza Alfaia, Centro Coreográfico Galego e Galicia Danza Contemporánea
CONTACTO DE CONTRATACIÓN
Marta Alonso
+34 658782564
Nina Ninette estréase o 7 de Marzo do 2021 no Teatro Principal de Santiago de Compostela
previa Residencia Técnica e Pre-estrea no Concello da Estrada