top of page

martaalonsotejada

 Cocreación, 
 interpretación e   coreografía 
 Alma (non é hippie)  > Colectivo Verticalia  
 Determinada Compañía + Duelirium 

Dirección e dramaturxia: Rolando San Martín

Interpretación e creación: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercè Solé

Produción e distribución: Belém Brandido · Pistacatro Productora de Soños S.L.

Iluminación: Fidel Vázquez

Vestiario: Fany Bello

Músicas: Nefasto (Judas Diz)

Axudantía de dirección: María José Santiago Garde

Voz en off: Fernanda Orazzi

Fotografía: Rubén Vilanova

Vídeo: Tamboura Films

Deseño gráfico: Manu Lago

Coa axuda á produción: Agadic · Xunta de Galicia

Colaboran: Pistacatro, Concello de Negreira, Circonove , ’Estruch Centre de Creació

Agradecementos: Fernanda Orazzi, Edoardo María Virtú, Pablo Reboleiro, Marco Aurelio, Manuel Lago

ALMA (non é hippie), é o primeiro espectáculo de Danza Vertical de Galicia, unha producción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañias Duelirium e Determinada Compañía, co apoio de Pistacatro.

ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as apariencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan Hippie.

A L M A di que sen os demáis, sen o outro, calquera deixaría de existir.

A L M A non se cre espiritual, senon que se sinte así porque inspira e expira, inspira e expira.

A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, por tanto, non pode ser estudiada pola ciencia. Teno claro.

A L M A sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento se mete dentro, baila sen control, deixa sair a loucura, exponse sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así se perderá para sempre o lume que habitan as cousas.

A L M A é un proxecto de Danza e Voo vertical que comenza a súa investigación adentrándose na poética que se pode xenerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro.

bottom of page