Corpo(a)terra 2019, coa colaboración de Jesús Rubio Gamo e o traballo de producción artística de Marta Alonso Tejada, abre a convocatoria a un grupo reducido de bailarinas e bailaríns para formar parte dunha residencia de formación artística. As participantes selecionadas partillarán o proceso de adaptación da peza GRAN BOLERO ao contexto da IX edición do festival xunto a tres participantes do elenco orixinal. Elenco original: Clara Pampyn, Eva Alonso, Alberto Alonso. Elenco corpo(a)terra: Marcia Vázquez, Clara Ferrao, Danielle Mesquita, Tania Garrido, Diego Pazo, Diego Buceta, Cristian Ureña, Raúl Pulido, Gonzalo Simón. Deste xeito gozamos de dúas representacións únicas da peza, a primeira en espazo non convencional na Praza da Estrela de Ourense, e a segunda, no Auditorio Municipal da mesma cidade. A artista Mila Ercoli fai unha interpretación documental do que vivimos neste proceso, único e irrepetible, no marco do seu proxecto "cámara -performer" en residencia artística corpo(a)terra. Todo o proxecto é acompañado por corpo(a)terra a través de Marta Alonso Tejada.
top of page
bottom of page
Comments