Un teatro que volve moverse, o Principal de Compostela. Na semana da danza. Onte, 'Doses de paraíso', este espectáculo sobre o amor e as relacións. Hoxe, no Día Internacional da Danza, 'Bailar agora', tamén sobre o amor, o amor que Marta Alonso, bailarina e coreógrafa ourensá, leva profesándolle á danza toda unha vida.
Atravésanos porque está no mundo, é tan antiga como o home mesmo. É linguaxe, enerxía, é sacrificio, é paixón.
Tamén lle aconteceu á danza o que nos aconteceu a todos. Parou. Parouna a pandemia
Eles e nós. Porque a danza, reivindican, é unha forma imprescindible de expresarnos.
