BAILAR AGORA de martaalonsotejada Mellor espectáculo
Mellor actriz principal Mellor dirección Mellor Iliminación Mellor Vestiario DREAMIG JULIET de Elefante Elegante Mellor actriz secundaria
Un total de 13 espectáculos competirán como finalistas nos XXV Premios de Teatro María Casares
>> O espectáculo ‘A lingua das bolboretas’, de Sarabela Teatro, conta con 8 finalistas; mentres que as obras ‘Bailar Agora’, de Marta Alonso Tejada; ‘Dreaming Juliet’, de Elefante Elegante, e ‘32m2’, de ButacaZero, acadan 5 finalistas
>> ‘A lingua das bolboretas’, ‘Bailar Agora’, ‘Dreaming Juliet’ e ‘Microspectivas dun marica millenial’, de Incendiaria, competirán polo galardón ao mellor espectáculo. ‘Os nenos da varíola’, de Pérez&Fernández; ‘Ris Ras’, de Baobab Teatro, e ‘Lázaro de Tormes’, de Pedras de Cartón, son as obras finalistas para espectáculo infantil
Un total de 13 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer esta tarde en Santiago durante a Presentación de Finalistas que tivo lugar na Terraza do Edificio da SGAE en Santiago. O acto, que foi conducido por Carmen Conde, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Miguel Diéguez, director da SGAE no Noroeste; e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia, que acudiron ao acto en calidade de representantes das institucións que patrocinan os galardóns do noso teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actor protagonista, actor secundario, iluminación, escenografía e vestiario.
Pola súa banda, Dreaming Juliet,de Elefante Elegante, rexistra 5 finalistas nas categorías de espectáculo, actriz secundaria, música orixinal, escenografía e vestiario.
A obra 32m2, de ButacaZero, acada tamén 5 finalistas nos apartados de dirección, actor protagonista, texto orixinal, música orixinal e escenografía.
Tamén con 5 finalistas atópase Bailar Agora, de Marta Alonso de Tejada: espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario.
Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria, convértese en finalista en 4 categorías: espectáculo, actor protagonista, texto orixinal e iluminación.
Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, conseguen un total de 4 finalistas para os galardóns de espectáculo infantil, adaptación-tradución, actriz secundaria e maquillaxe.
O Premio, de La Quintana Teatro, tamén rexistrou un total de 4 finalistas nos apartados de actriz protagonista por partida dubla, texto orixinal e maquillaxe.
O mozo da última fila, de Redrum Teatro, acada tres finalistas nos apartados de actriz secundaria e actor secundario, neste segundo caso por partida dupla.
Por último, cinco obras conseguen 1 finalistas: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area (adaptación-tradución), A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico (música orixinal), O libro da selva, de Teatro Avento Producións (maquillaxe), Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón (espectáculo infantil) e Ris Ras, de Baobab (espectáculo infantil).
Estes 13 espectáculos competirán así na gala dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 9 de setembro. Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación AISGE, a Fundación SGAE ou Gadisa.
Relación de finalistas por montaxes
A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro (8 finalistas):espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor protagonista (Josito Porto), actor secundario (Fran Lareu), adaptación-tradución (Fernando Dacosta/Gonçalo Guerreiro), iluminación (Baltasar Patiño), escenografía (Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Tegra Vázquez e Lele Álvarez)
Dreaming Juliet, de Elefante Elegante (5 finalistas): espectáculo, actriz secundaria (Marta Alonso), escenografía (Gonçalo Guerreiro), música orixinal (Miguel Paz, Nacho Martín, Gonçalo Guerreiro) e vestiario (Diego Valeiras)
32m2, de ButacaZero (5 finalistas): dirección (Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Xurxo Cortázar), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), música orixinal (Rodrigo Cuevas) e escenografía (Beatriz de Vega).
Bailar agora, de Marta Alonso Tejada (5 finalistas): espectáculo, dirección (Marta Alonso Tejada), actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e vestiario (Uxía P. Vaello)
O premio, de La Quintana Teatro (4 finalistas): actriz protagonista (Victoria Teijeiro e Raquel Espada), texto orixinal (Santiago Coretogoso) e maquillaxe (Fani Mosqueira).
Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria (4 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Davide González), texto orixinal (Davide González e Vanesa Sotelo) e iluminación (Laura Iturralde)
Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, (4 finalistas): espectáculo infantil, adaptación-tradución (Victoria Pérez), actriz secundaria (Isabel Risco) e maquillaxe (Maribel Valdivieso)
O mozo da última fila, de Redrum Teatro (3 finalistas): actriz secundaria (Belén Constenla) e actor secundario (Machi Salgado e Rubén Porto).
O libro da Selva, de Teatro Avento Producións (1 finalista): maquillaxe (Fernanda Barrio)
Poeta en Nova York, de Teatro baixo da area (1 finalista): adaptación-tradución (Paloma Lugilde, Xoan C. Laxe, Rosa Moledo)
A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico, 1 finalista: música orixinal (Vadim Yukhnevich).
Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón, 1 finalista: espectáculo infantil
Ris Ras, de Baobab Teatro, 1 finalista: espectáculo infantil
Comments