top of page

martaalonsotejada

 Habelas > Cía.   trasPediante 
 Creación, interpretación e 
 coreografía 

 

Dirección: Begoña Cuquejo.

Movemento e interpretación: Marta Alonso e Begoña Cuquejo.

Deseño de iluminación: Paulina Funes.

Música ao vivo: Ariel Ninas.

Voz en off: Concha de Luneda.

Deseño gráfico: David Creus, Paulina Funes.

Son e mestura cd de audio: Alfonso Camarero.

Vestiario:  Cloti Vaello.

Animación: Miramemira.

Asistente maxia: Mago Vituco.

Asistente de dirección: Rut Balbís, Estevo Creus, Paulina Funes.

Residencia técnica: Teatro Ensalle.

Edición vídeo: Natasha Lelenco.

Grabación vídeo: Violeta Montero, Natasha Lelenco.


“Habelas” é unha obra multidisciplinar na escena e na concepción. O eixo da creación xorde da reflexión ao redor das coincidencias entre a maxia e a danza. A danza é tratada dende un punto de vista contemporáneo, elaborando un discurso paralelo, buscando información en recollidas de campo.

 

A denominación de “Habelas” vén dada polo personaxe principal da obra, a meiga, facendo referencia ao refrán popular que na tradición oral galega é tan común escoitar: “eu ver nunca as vin, pero habelas hainas”. 

bottom of page