Corpo(a)terra Festival de    Danza > Cía. Traspediante 
 Codirección 
 e xestión 

Corpo (a)terra. Danza e artes do corpo nas rúas de Ourense.

Dende o  verán 2011, Ourense conta cunha nova oferta cultural que a través da danza e as artes do corpo promove o encontro do cidadán e turista co espacio urbano.

Ao longo de tres días, e cunha programación que se inicia ás 21:00 da tarde, a espectadora e o espectador percorre a cidade da man deste festival, no que as prazas e recunchos mais emblemáticos, preséntansenos diferentes tras a súa ocupación por parte dxs artistxs.

Artistas internacionais e galegxs, coa especial participación das compañías integradas por coreógrafxs, bailarinas e bailaríns de Ourense, serán xs encargadoxs das catro actuacións, dunha duración aproximada de 20 minutos, que configuran a programación diaria.

Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbano que apela a participación cidadana a través da danza. Na súa primeira edición foron xs cidadnxs de a pé, convertidxs en espectadorxs, xs encargadxs de propoñerlle o nome co que marcar a súa identidade, finalmente: Corpo(a)terra. Cada ano, todas e todos: cidadanxs, artistas, espectadorxs, espacios urbanos, asociacións… formaremos parte das distintas edicións dalgún xeito particular.

Web design and development by Manu Lago. All rights reserved by Marta Alonso Tejada. 2017